EXPOSICIÓN: O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN.
18 Mar 2013

EXPOSICIÓN: O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN.

18 Mar 2013 - 01 Apr 2013
Exposicións
-
Concello de Corcubión e Consellaría de Medio Ambiente

Esta exposición interactiva pretende dar a coñecer a todos os galegos o problema ambiental da mudanza climática, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galiza. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propondo novos comportamentos e accións positivas co clima que loiten contra a mudanza climática e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Lugar: Casa da Cultura de Corcubión