Turismo de Corcubión

Está situada na Galiza, actual Comunidade Autónoma española DO noroeste da Península Ibérica, onde antigamente se localizou a Gallaecia romana e posteriormente, entre os anos 409 e 1833, o Reino de Galiza.

Galiza pertence tamén á eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

A Ría de Corcubión, na que se localiza o mítico cabo de Fisterra, é a máis alta das Rías Baixas e forma parte da denominada Costa da Morte.

A forma máis cómoda de chegar a Corcubión é desde Santiago de Compostela (capital de Galiza) ou desde A Coruña. Ambas as cidades contan con aeroporto que as conecta coas máis importantes cidades do mundo.

Transporte público

Corcubión está conectada con dúas das principais cidades da provincia: Santiago de Compostela e A Coruña. O traxecto en autobus dura entre 2 horas e 2 horas e media. En coche podedes aforrar de 15 a 45 minutos.

En Corcubión (na Praza de Castelao) pódese coller algúns dos servizos que van a A Coruña e a Santiago de Compostela, pero os horarios completos que aquí se expoñen son da Estación de Autobuses de Cee, a vila veciña a Corcubión (chégase andando en 5 minutos).

Desde Corcubión podemos ir en autobús a outras vilas da Costa da Morte, aínda que o servizo é caro, lento e pouco frecuente.

Se queredes movervos en grupo os resultará máis práctico coller un taxi.

Taxis

Teléfono da parada 981 74 50 23

Autobuses

Consultar destinos e horarios Buses Costa da morte Autocares Vázquez Monbus

Turismo de Corcubión