Entroido
22 Jan 2013

Entroido

22 Jan 2013 - 22 Feb 2013
Eventos
-
Concello de Corcubión

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E COMPARSAS 2013

CONCELLO DE CORCUBIÓN

           

  1. O concurso constará de dúas modalidades:

a) Individual /  Parella ( 1 ou 2 persoas)

b) Grupo / Comparsa (3 ou máis persoas)

  1. A inscrición realizarase na Casa do Concello de Corcubión chamando ao  teléfono 981745400. A data límite de inscrición é o 8 de febreiro ás 15:00 h.  Os participantes na modalidade a) poden inscribirse o propio día na mesa do xurado.
  2. Só se poderá presentar co mesmo disfrace a unha das distintas modalidades do concurso.
  3. Todos os participantes no concurso deberán formar parte do desfile de Entroido polas rúas da vila, que partirá o día 9/02/2013 ás 16:00 h da Praza de Castelao.
  4. As comparsas deberán acompañar a súa actuación cunhas coplas das que deberán entregar copia ao xurado antes da actuación, e en soporte informático previamente no Concello.
  5. Os participantes que queiran incluír música en vivo deberán presentala no Concello (CD, pendrive,…)
  6. A orde de actuación en cada modalidade designarase mediante sorteo efectuado polo xurado. Por categorías actuará en primeiro lugar a individual, logo os grupos e finalmente as comparsas.
  7. O xurado estará integrado por membros de distintas asociacións do Concello de Corcubión.
  8. Valorarase de 1 a 3 puntos o disfrace, orixinalidade, coreografía e coplas, e nos grupos /comparsas o número de integrantes (a máis participantes maior puntuación).
  9. Establécense os seguintes premios para as distintas categorías:

Individual/Parella: 1º, 2º e 3º premio cun valor de 75, 50 e 25 € respectivamente.

Grupo/Comparsa: 1º, 2º e 3º premio cun valor de 300, 200 e 100  € respectivamente.

  1.  O concello non se responsabiliza do contido das letras das cancións das comparsas.