Día das Letras Galegas 2011. Acto de liberación de palabras
01 May 2011

Día das Letras Galegas 2011. Acto de liberación de palabras

17 May 2011 - 17 May 2011
Eventos
-
-

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2011 o Concello de Corcubión realizará un acto de liberación de palabras na praza de Castelao (no edificio do Cárcere Vello, se chove) que consistirá en que a cidadanía manifeste o seu apoio ao idioma escribindo unha frase ou simple palabra en galego que será pendurada como acto de reivindicación do idioma propio. Os corcubioneses/as que se acheguen á praza de Castelao poden escribir a súa mensaxe, pensamento, reflexión ou palabra e colgala como acto de liberación e protesta contra o trato discriminatorio que segue a padecer o noso idioma.