Corcubión inaugura a sede electrónica do Concello
Corcubión inaugura a Sede Electrónica do Concello.
Corcubión inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet.
Corcubión dá o salto cara a unha administración sen papel.
Mediante a súa identificación con DNI ou certificado electrónico, o usuario poderá dispor dunha serie de servizos personalizados: consultar o estado dun trámite, obter o seu volante de empadroamento, consultar os seus expedientes, representar a outra persoa na presentación de instancias, realizar unha serie de trámites telemáticos regulados e presentar calquera outra instancia ou solicitude a través do rexistro electrónico.
Corcubión cumpre así plenamente a Lei 11/2007 de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que establece o "dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións públicas por medios electrónicos" e "a obrigación das Administracións Públicas de redeseñar os seus procedementos e dotarse dos medios técnicos necesarios para que o exercicio do novo dereito sexa plenamente efectivo".
O Concello está a disposición de calquera cidadán do mundo, calquera día do ano e a calquera hora.
A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.
A Administración Municipal, cada vez máis próxima ao cidadán.
A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.