04 Oct 2016 OPEN SENIOR FUTSAL LIGUE CORCUBIÓN 04 Oct 2016 - 11 Oct 2016 Información - Concello de Corcubión ABERTO O PRAZO PARA A LIGA DE FUTSAL EN CORCUBIÓN A organizacion da liga sénior de futsal masculina de Corcubión abriu o prazo de inscrición de equipos. Os interesados poderán anotarse chamando aos teléfonos 661 348 339 ou 981 745 400. O importe da inscrición por equipo é de 250 €. O número máximo de conxuntos admitidos será de 16, e se respectará a orde de inscrición. O prazo finalizará o próximo día 11, data na que se realizará a reunión para formalizar a competición e calendario, despois de coñecer o número de conxuntos participantes. OS partidos terán lugar de luns a xoves, a partir das 20h30, no pavillón municipal de Corcubión. Está previsto que a competición comence durante este mes.