CULTURA | QUEDADA DE ENTRUIDOS
09 Feb 2024

CULTURA | QUEDADA DE ENTRUIDOS

11 Feb 2024 - 13 Feb 2024
Eventos
-
Concello de Corcubión

Dende o Concello estase organizando para o Domingo 11 unha quedada coa rapazada para recuperar o entruido de toda a vida. Vestirse co que hai pola casa e sair en grupo a facer de entruidos polas casas e rúas.
Dada a inestabilidade climatolóxica celebrarase o Domingo 11, o Luns 12 ou o Martes 13 segundo avance o pronóstico do tempo.

Se queres vir apúntate neste formulario para poder avisarte do día e hora definitivos

https://forms.gle/C5DSqDDXTZkqakEu7

Anímaste a recuperar un pouquiño desta tradición?

Os entruidos son unha figura tradicional do noso entroido. Grupos de rapaces e rapazas xuntábanse con roupa e accesorios que atopaban pola casa, con unha única premisa: que ninguén che recoñecera. E dispoñíanse a ir polas casas a pedir cartos, doces ou calquera cousa que se lles dera.

Ademáis, tiñan outras tradicións como "sinalar" ás casas das que non recibían ningún agasallo ou aos membros de outros grupos de rapaces que se atopaban de entruido pola vila.