CORCUBIÓN QUERE O SEU MERCADO
Pola súa proximidade e situación estratéxica na nosa vila, o mercado municipal xoga un valioso papel dinamizador e revitalizador, xa que facilita a compra de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de desprazamentos.
Mercar nel é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de froitas, verduras, peixes, mariscos, hortalizas…e productos de xeito local
Por eso hoxe, na semana do mercado, o Concello de Corcubión organizou coa colaboración da Xunta de Galicia (D.X. de Comercio e Consumo) e o CEIP Praia de Quenxe unha visita das/os escolares ao mercado municipal, para que gozasen dunha degustación de froitas de tempada e productos do mar (empanadas, mariscos, patés, froitas...) e en agradecemento á súa visita agasallóuselle cun presente da campaña.
Agradecementos:
Peixería Suarea productos del mar
Froitería Frutín
“Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes.
Quere o teu mercado (Love Your Local Market), ten orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets e participan nel mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemania, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong y Estados Unidos.