Políticas de privacidad

Información sobre as políticas de privacidade da web

O Concello de Corcubión cumpre co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 27 de abril de 2016 ( RGPD) e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), así como a normativa vixente en cada momento, velando por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. 

É por isto que, a presente Política de Privacidade ten como obxecto informar acerca do tratamento de datos de carácter persoal que, o Concello de Corcubión, efectúa neste sitio web, sede electrónica e en calquera das súas subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles. A persoa titular será informada, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política conforme aos seguintes aspectos:

1.QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O responsable dos teus datos é o CONCELLO DE CORCUBIÓN.

Dirección postal: Praza José Carrera, 1, 15130 Corcubión, A Coruña

Teléfono: 981 74 54 00

Email de contacto DPD: dpd@corcubion.gal

2. PARA QUE TRATAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os datos que nos facilitas, así como calquera outros xerados durante o desenvolvemento da relación coas persoas usuarias, podémolos tratar para distintas finalidades en función dos servizos municipais que sexan obxecto de prestación e, en todo caso, para manter o contacto e a comunicación con estas. 

No seu caso, finalidades máis explícitas e concretas poden indicarse nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou carteis e notas informativas) para supostos concretos.

A relación actualizada das actividades de tratamento que o Concello de Corcubión leva a cabo atópase dispoñible na seguinte ligazón ao Rexistro de actividades de tratamiento.

3. CAL É A BASE XURÍDICA QUE LEXITIMA O TRATAMENTO DOS TEUS DATOS PERSOAIS?

O tratamento dos datos dos usuarios realízase no cumprimento de obrigacións legais que corresponden ao Concello de Corcubión, o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, a protección de intereses vitais, a execución dun contrato, e/ou pode estar tamén baseada no consentimento das persoas interesadas, que deberá ser prestado mediante unha clara acción afirmativa. Cando o tratamento se base no consentimento do interesado, este terá dereito a retiralo en calquera momento.

4. POR CANTO TEMPO CONSERVAMOS OS TEUS DATOS PERSOAIS?

Os teus datos persoais serán conservados durante non máis tempo do necesario para os fins do tratamento correspondente, salvo que deban conservarse con fins de arquivo en interese público, fins de investigación científica ou histórica ou fins estatísticos, e ata que se cumpra o prazo de prescrición de posibles responsabilidades nadas do tratamento. De modo que o prazo de conservación dos teus datos persoais dependerá do especificado para cada tratamento, así como o establecido na normativa de arquivos e documentación.

5. A QUEN LLE PODEMOS COMUNICAR OS TEUS DATOS PERSOAIS?

O Concello de Corcubión traballa en coordinación con outras Administracións Públicas locais, autonómicas ou estatais con competencias en materias similares ou equivalentes ás desenvolvidas polas distintas Concellerías, polo que é necesario o intercambio de datos con fins de acreditación, investigación, informativos ou evitar duplicidades na prestación de servizos e axudas, ademais da cooperación con xuíces e tribunais cando estea obrigado ou sexa requirido para iso.

As Administracións Públicas, por outra banda, están suxeitas a un principio de transparencia regulado en normas xurídicas que obrigan a facer pública a información necesaria que permita a máis ampla participación da cidadanía e dea visibilidade á actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública. En todo caso o Concello de Corcubión procederá respectando sempre o equilibrio entre a transparencia e o dereito á protección de datos persoais.

6. CALES SON OS TEUS DEREITOS EN PROTECCIÓN DE DATOS E COMO PODES EXERCELOS?

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición ao teu tratamento,  portabilidade e limitación dos teus datos, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, mediante escrito acompañado do DNI do interesado ao  Concello de Corcubión, dirixido ao Rexistro Xeral: Praza José Carrera, 1, 15130 Corcubión, A Coruña; ante calquera dos puntos de rexistro de entrada do Concello, ou por correo electrónico á dirección electrónica: dpd@corcubion.gal.  Este correo só funciona a efectos de información ou consulta.

O exercicio dos dereitos en materia de protección de datos deberá presentarse en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Igualmente poderás formular reclamacións ante a Axencia Española de Protección de datos: https://www.aepd.es/

7. CALES SON AS NOSAS MEDIDAS DE SEGURIDADE?

O  Concello de Corcubión é consciente da preocupación do usuario pola seguridade, por iso optou por implementar os niveis de seguridade adaptados aos riscos das operacións de tratamento para o adecuado funcionamento, funcionalidades e dos seus servizos a Web , preservando a integridade e seguridade dos datos e informacións almacenadas co fin evitar a perda, alteración ou acceso non autorizado, tendo en conta do estado da tecnoloxía, natureza, alcance, fins e contexto dos datos almacenados e os riscos aos que estean expostos xa proveñan da acción humana ou de medio físico ou natural.

8. O CONCELLO EN RRSS

O Concello de Corcubión ten presenza en redes sociais. Se te fas seguidor nas redes sociais do  Concello, o tratamento dos datos persoais rexerase por este apartado, así como por aquelas condicións de uso, políticas de privacidade e normativas de acceso que pertenzan á rede social que proceda en cada caso e que aceptaches previamente. Podes consultar as políticas de privacidade das principais redes sociais nestas ligazóns:

Facebook https://www.facebook.com/privacy/explanation

Twitter: https://twitter.com/es/privacy

O Concello tratará os teus datos persoais coa finalidade de administrar correctamente a súa presenza na rede social, informarche das súas actividades, produtos ou servizos, así como para calquera outra finalidade que as normativas das redes sociais permitan.

En ningún caso o Titular utilizará os perfís de seguidores en redes sociais para enviar publicidade de maneira individual.