CULTURA BENESTAR IGUALDADE E MULLER | AVANCE PROGRAMACIÓN 8M
Un gran canto colectivo, reivindicativo e interxeracional no corazón das actividades para o 8M en Corcubión.
O propio sábado 8M a velada de mulleres vagalume, mulleres que dan luz, transformará a tarde nunha mani-festa-accion a través dun coro de voces interxeracional protagonizado por unha morea de mulleres. O canto tórnase nunha ferramenta de acción compartida para reivindicar o noso lugar no mundo desde as nosas propias formas.
“Aprendemos a practicar esta forma de protesta singular grazas á cidadanía do nunca mais. En palabras de Rosa Aneiros unha mani-festa-accion por a pensada como o carácter non só reivindicativo das protestas, senón a necesidade de convertelas en festas como lugar de encontro e unión nun momento moi complicado e que estas provocasen reaccións inmediatas, tanto de carácter político como de carácter social, que derivasen nun maior apoio da cidadanía ás demandas do noso colectivo”.
Amadriñando este legado e desde as voces dunha morea de mulleres moi distintas
convidamos a todas e todos a unirse a esta acción que arrancará desde as 17,30 – se o tempo o permite - nos xardíns da casa do concello. En caso de chuvia adaptaremos o programa para que teña lugar na Capela do Pilar a partir das 19h.
Comezaremos presentando a peza audiovisual “Grita Galega Canta” elaborada desde a proposta artística de Cecilia Barriga e participada por un amplo grupo de mulleres da contorna. A peza que se presenta públicamente como primicia é o resultado do proceso de traballo proposto desde a concellería no marco das accións do 25N, esta peza é un proxecto artístico colaborativo e comunitario da artista Cecilia Barriga cuxo obxecto final é esta peza audiovisual. Pódese visualizar na seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?reload=9&v=hlGVk64lU3Y&feature=youtu.be
A continuación tocará e cantará a “poeta oral” Lucía Aldao aka PAVA a que tamén foi
colaboradora do proceso de Grita Galega Canta. Emoción e sorna, revisión e identidade, amizade e crítica tomarán o escenario.
De seguido a banda punk corubionesa Susto que Flipas formada por Andrea, Carmela, Angela e Raquel, que compartirán cantando o presente da súa xeración de mulleres cunha liberdade talentosa que cautiva ata ás xeracións máis vellas.
Para este día, importante estar atentas ás redes sociais do concello para actualizar a programación segundo as condicións meteorolóxicas.
O martes 11 continúa o programa adicado ao 8M neste caso salientando a defensa pola paz que sempre esta no reclamo dos movementos feministas e hoxe é tan urxente. Ás 12h representarase na Casa da Cultura “A Teteira de Kabul” unha obra de teatro de obxectos e monicreque de Xarope Tulú que fala xustamente do valor da paz. A súa protagonista é Mina, unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas é unha coproducion de Xarope Tulú coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz. A personaxe de Mina está inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam. Á obra acudirá o alumnado do CEIP Praia de Quenxe e o pase estará aberto a todo o público.
O sábado 15 terá lugar a segunda andaina para “sementar a igualdade”, unha iniciativa que xurde desde o CIM (Centro de Información á Muller) ao que pertencen o concello de Fisterra, Cee e Corcubión. Trátase de unirse camiñando para visibilizar a necesidade de seguir a defender a igualdade real entre homes e mulleres. Para inscribirse ou recibir máis información, acudir ao Concello ou chamando ao teléfono 981745400.
Chegamos ao final do mes de marzo e pechamos cunha presentación de libro dentro do programa mensual da biblioteca o venres 28 ás 19.00h. Da man da súa autora Pilar García Negro acompañada da Concelleira Pilar Tubío Lariño, presentaremos o libro O Clamor da Rebeldía, Rosalía de Castro: Ensaio e Feminismo.