Escora Danza en Corcbión | Danza e Comunidade
Este ano acollemos por primeira vez en Corcubión o proxecto Escora Danza promovido desde a Deputación da Coruña. Un proxecto que naceu no ano 2022 desde a colaboración da bailarina e creadora Marcia Vázquez e a xestora cultural Sabela Ramos para tratar de levar a danza máis aló das grandes urbes da provincia e cunha sensibilidade social e comunitaria.
Para o Concello de Corcubión é unha oportunidade coa que seguer construindo relacións de proximidade a través da arte e a cultura. Asemade, trátase dunha aposta pola apertura de liñas de traballo novidosas para o concello como é o caso da primeira residenica artística que acontece na vila, un modelo de carácter aínda experimental para o consistorio pero interesante para abrir novas canles á creación e á investigación.
O proxecto de Escora Danza acontece durante un mes no teritorio de Costa da Morte, este ano en maio, pero leva todo un proceso de traballo anterior baseado no diálogo cos concellos e axentes para mapear espazos, formas, historias, tecido, veciñanza e posibles cos que propoñer cada ano un programa diferente pero axeitado ás especificidades de cada lugar.
No caso de Corcubión a proposta foi enfocada a unha mestura entre programa de residencia, obradoiros e presentacións vinculado ás artes vivas preparados ou participados xunto a outras axentes, colectivos e grupos e espectáculos abertos a todos os públicos.
Programa Escora Danza en Corcubión
Martes 21 de maio de 2024
PRÁCTICA DE MOVEMENTO conducida por Félix Fernández coas mulleres do programa municipal de Envelecemento Activo
Casa da Cultura
Venres 24 de maio de 2024
18:00h – CONVERSA ABERTA
Conversa aberta ao público con Félix Fernández introducida por parte do alumnado de antropoloxía e oratoria do IES Fernando Blanco de Cee coa mediación das Asociacións Universidade Cromática das Virtudes e Boca de Sapo
Casa da Cultura, Corcubión
Sábado 25 de maio de 2024
11:30h – OBRADOIRO DE DANZA
Obradoiro de danza impartido por Ánxela Blanco e Beatriz Rubio, compañía AB.íO, para as familias da Plataforma Reiseñores
Campo de San Roque (Redonda) (En caso de chuvia Casa da Cultura de Corcubión)
19:00h – DANZA EN RÚA
“Reikiavik” da compañía AB.íO
Diante da Igrexa de San Marcos (En caso de chuvia Casa da Cultura)
21:30h – ESPECTÁCULO DE DANZA
Mostra do espectáculo en proceso «Xavier a través de min» de Félix Fernández
Casa da Cultura, Corcubión
Idade recomendada +12 anos
+ info en https://escoradanza.gal/