BENESTAR | ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN FACÉMONOS MAIORES
Dende a Concellería de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller contámosvos a proposta de obradoiros cos que ampliamos a oferta do programa Corcubión Concilia dentro do Plan Corresponsables. Estan pensados para o grupo de idade dos máis maiores, entre 12 e 16 anos e enfocados a salientar actividades e aprendizaxes coas que fomentar inquietudes diversas.
Obradoiro de produción de Radio impartido por Toño Casais
Consistirá na produción e creación dun programa de radio. Desde a idea orixinal, ata a gravación no estudio. Contará cunha pequena parte explicativa pero será eminentemente práctico. Sempre enfocado á autoxestión. Haberá unha toma de contacto cos equipos técnicos para ter coñezecemento sobre eles e saber maneixalos
Obradoiro de iniciación ao breaking por break in clan
Coñeceremos os pasos e habilidades básicas do breakdance, co obxetivo de chegar a ser capaces de improvisar libremente coa música, ou como tamén lle din: "freestylear". Faremos preparación fisica, mediante exercicios de forza, flexibilidade e coordinación. Pero tamén traballaremos a musicalidade e expresividade corporal. Ademais afondaremos nas orixes históricas da danza urbana para saber realmente de onde procede
Obradoiro de Deporte e Natureza por Carlos Pazos
Unha modalidade deportiva fácil e sinxela, de gran valor ecolóxico que permite realizar entretidas camiñadas por diferentes roteiros de pouca dificultade en contacto coa natureza. Buscamos mellorar a calidade de vida a través da adquisición de hábitos saudables, favorecer as relacións persoais entre os participantes e fomentar o respecto e coidado pola natureza.
Obradoiro de Deporte e Aventura por Carlos Pazos
Trataremos de practicar deportes colectivos para favorecer a colaboración e a coordinación entre varios/as xogadores/as desenvolvendo estratexias colectivas. Promoveremos a competencia saudable e as habilidades sociais como a comunicación, o traballo en equipo e o compañeirismo.
A experiencia será física e mental e, en ambos casos, desafiante e gratificante. Haberá fútbol sala, baloncesto, volei, etc.