URBANISMO | O RELOXO DA IGREXA DE SAN MARCOS
07 Aug 2023

URBANISMO | O RELOXO DA IGREXA DE SAN MARCOS

07 Aug 2023 - 07 Aug 2023
Información
-
Concello de Corcubión

O RELOXO DA IGREXA DE SAN MARCOS VOLVE FUNCIONAR TRAS 5 ANOS AVARIADO
O Concello de Corcubión vén de reparar o reloxo da igrexa parroquial de San Marcos logo de máis de 5 anos á espera de volver funcionar sen ninguen que atendera esta demanda. A implicación dun veciño afeccionado ao mantemento e arranxo de reloxos e a vontade do goberno municipal de manter e mellorar o patrimonio corcubionés, confluiron nunha iniciativa que devolveu á vida ao reloxo da fachada principal da igrexa da vila. O veciño, que quere manterse no anonimato, levou a cabo o arranxo sen custo algún e a partir de agora será o goberno local quen se encargue do mantemento dunha peza de gran valor histórico.
A historia do reloxo comenza en 1906, cando foi doado ao consistorio por un emigrante muxián que residía en Cuba, José María del Río Osorio, pariente do daquela deputado provincial Plácido Castro. Del Río, dono da ferretería “La Campana” de La Habana, foi membro da directiva da Sociedade de Gallegos. Este benefactor deixou no seu testamento 30.000 pesos para a cosntrución dun grupo escolar en Muxía e 1000 pesos de ouro para adquirir este reloxo. En 1908 foi instalado na fachada da igrexa parroquial corcubionesa, manténdose ata o día de hoxe. O concello de Corcubión, notificado o testamento de Del Río Osorio, acorodu instalar unha inscripción de agradecemento ao doante na propia base do reloxo.

Neste tempo, tanto a maquinaria como o moble que o protexe sufriron desperfectos debidos á falta de conservación. O mesmo veciño que repara agora á peza xa o arranxou logo de que acumulase 20 anos avariado. Agora, grazas á súa xenerosidade, o reloxo volve a funcionar tras 5 anos de parálise.
Dende o goberno queremos agradecer a xenerosidade deste veciño, comprometéndonos a facer todo o posible para coidar unha peza cun valor incalculable. A posta en valor do patrimonio local é un obxectivo irrenunciable da acción deste novo goberno.