26 Sep 2023
SAÚDE | COIDADOS PORTA A PORTA
02 Oct 2023
-
04 Oct 2023
Eventos
-
Concello de Corcubión
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha o programa COIDADOS PORTA A PORTA
Que servizos se prestan?
- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica; unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas, callos e helomas.
- Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un/ha profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habela.
A quen vai dirixido?
Destes servizos poden beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de maneira gratuíta.