MERCADO MUNICIPAL DE CORCUBIÓN
10 Nov 2021

MERCADO MUNICIPAL DE CORCUBIÓN

10 Nov 2021 - 10 Nov 2021
Información
-
CONCELLO DE CORCUBIÓN

O mercado de Corcubión nace en 1905 para dar un servizo de confianza e de proximidade á xente da zona e visitantes.

Neste mercado comercialízanse productos de canais curtos e de proximidade que garanten a calidade na base dunha dieta rica e equilibrada.

Nos postos “do mar” ofertanse diferentes tipos de peixes e maricos, así como productos da ría en xeral procedentes da flota pesqueira local e da nosa ría, un ecosistema natural privilexiado pola súa diversidade.

Nos postos “da terra” podemos encontrar productos procedentes de productores locais como patacas, froita, ovos da casa, grelos...e demáis productos que varían en función da tempada e que permiten elaborar ou acompañar os pratos tradicionais da cociña local dende tempos remotos.

Nestes postos a frescura e a proximidade fan que os productos que alí se encontran sexan de primeira calidade para o consumidor.

Para máis información e reservas:

Pescados Corcubión

Tel. 981 74 02 55

 

Frutas Costavella

Tel. 981 97 68 63

 

Merca en Corcubión,

Merca Proximidade e Frescura!

 

Dirección: Praza José Carrera 1,  15130 Corcubión

Tel: +34 981 746 255