GRITA GALEGA, CANTA! - 25N
GRITA GALEGA, CANTA!
Nunca máis soas
Desde o Concello de Corcubión esta a propoñerse un proxecto de canto colectivo que chama ás mulleres da contorna a unirse para refortalecerse fronte ao sufrimento da violencia que se exerce contra elas. O noso horizonte común será o 25N
O proxecto é liderado pola artista chilena Cecilia Barriga que xa o puso en marcha nun contexto moi distinto como foi a cidade de Roma dentro do seu periodo de residencia na Academia de España en Roma. É alí onde de feito xurde a iniciativa que agora se reformula en Corcubión.
Na vila Corcubionesa a iniciativa adaptarase ao contexto específico local e a través dela preténdese animar a trazar alianzas, apoios e intercambios entre as mulleres da contorna e facelo cun grito colectivo que á vez que manifesta unha realidade incontestable, transforma o reclamo en canto sanador e de complicidade entre as mulleres.
O marco deste proxecto é o 25N, día adicado á loita da violencia contra as mulleres mais o proceso de preparación xa ten comezado coa apertura dun chamamento á participación. Grita Galega, Canta! convoca a aquelas mulleres que queiran sumarse á iniciativa a vir o día 15 de outubro, Día Internacional da Muller Rural, ata o Cárcere Vello de Corcubión ás 18,30h. Alí terá lugar unha xuntanza aberta na que a artista explicará o proxecto ao detalle. Ademáis estará acompañada das colaboradoras cómplices para os seu desenvolvemento, a poeta Lucía Aldao e a soprano Gemma Roman.
O grupo que se conforme o propio día 15 contará co apoio da artista que estará en residencia desde o 14 ao 20 de outubro no Edificio de Protección Civil no porto de Corcubión. Ademáis, duarnate as semanas que quedan ata a data da conmemoración do 25N se acordarán cuatro días de ensaio en común e o formato de traballo en conxunto, así como a forma e hora en que o coro de mulleres cantará o 25N.
Grita Galega, Canta! é unha iniciativa do Concello de Corcubión e conta co apoio da Deputación da Coruña e o Pacto de Estado para os eu desenvolvemento.
⇾Para coñecer a experiencia en Roma pódese acceder a este pequeno vídeo
https://youtu.be/hPdCLzvwUGA?si=90o4M31JPkUd71N0
⇾Para máis información antes do día 15 de outubro podes chamar ou pasar pola Biblioteca Municipal de Corcubión