Espello Deportivo
10 Apr 2013

Espello Deportivo

18 Apr 2013 - 18 Apr 2013
Charlas
-
Concello de Corcubión, Dirección Xeral de Política Linguística e CEIP Praia de Quenxe

‘ESPELLO DEPORTIVO’

A nova campaña da Rede de Dinamización Lingüística, da que forma parte o Concello de Corcubión, dirixida ao fomento do galego no deporte.

 

Deportistas profesionais de elite achegaranlle as súas experiencias, mediante encontros, ao alumnado de escolas deportivas e mozos en xeral co obxectivo de que os rapaces teñan a oportunidade de coñeceren as experiencias vitais, deportivas e lingüísticas de destacados deportistas galegos de recoñecida traxectoria e importante proxección social.

 

O encontro que se celebrará no CEIP Praia de Quenxe dentro desta campaña, organizado polo Concello de Corcubión, a DXPL e o centro educativa, contará coa presencia da deportista Sofía Toro regatista galega medalla de Ouro na clase 470 dos pasados  Xogos Olímpicos de Londres 2012,  e Rubén Riós, actor e produtor galego de cine e televisión coñecido polos seus filmes “Pradolongo” ou “Vilamor” e seríes de TV como “Pratos Combinados “(TVG), “Piratas” (Telecinco),” Libro de Familia” (TVG), e “Matalobos” (TVG) entre outras.

Día 18 de abril de 2013

Lugar: CEIP Praia de Quenxe (Corcubión)