Trail "Correndo polo faro"
14 Jul 2021

Trail "Correndo polo faro"

15 Jul 2021 - 15 Aug 2021
Información
-
Concello de Corcubión

O Concello de Corcubión organiza esta carreira co fin de facer unha competición de forma individual e totalmente gratuíta.O percorrido comenzará e finalizará no faro C.

O Xoves día 15 de Xullo publicaremos fotos do punto de saída e percorrido.Na saída haberá codigo QR con información e percorrido.

-Cada participante dispón dun total de 30 días para poder realiza-la proba, escollendo tamén o horario que desexe.

-Non haberá entrega de dorsais como é habitual. Cada corredor deberá levar o seu reloxo GPS que rexistre a actividade realizada ou télefono móbil. Despois deberá compartila por correo electrónico a dirección carreiracorcubion2020@gmail.com co fin de comprobar que fixo o recorrido correctamente, e que non fixo pausas de tempo durante o recorrido.

-Días antes de competir deberase realiza-la inscripción , indicando: Nome,Apelidos. Non se aceptarán actividades que nos manden sen antes haberse inscrito.

-Haberá trofeo para o mellor tempo, tanto feminino coma masculino.Tamén sortearase 2 vales por 50 euros cada un en material deportivo entre todo-los participantes.

-Cos tempos que nos vaian mandando iremos confeccionando as clasificacións, que serán compartidas na paxina web e redes sociais do concello

-A entrega de trofeos farase a finais de Xaneiro e de forma individual.

-Estaría xenial que os corredores nos foran compartindo algunha foto para ir confeccionando un álbum e ir publicando fotos ao longo dos 30 días.

-Calquera dúbida que teñades podedes enviar @.

. En caso de cruzarse con alguén pedimos gardar distancia de separación de 1,5 metros ou máis pola seguridade de todos