OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV
16 Sep 2021

OBRADOIRO DE EMPREGO CAMIÑO DO SOLPOR IV

16 Sep 2021 - 16 Sep 2026
Información
-
Concello de Cee, Corcubión e Dumbría

Programa financiado pola Xunta de Galicia e promovido polos Concellos de Cee, Corcubión e Dumbría.

DATA DE REALIZACIÓN PREVISTA: 15-10-2021 ata o 14-07-2022

NÚMERO DE ALUMNOS/AS: 20

ESPECIALIDADES FORMATIVAS:

  • PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE (10 ALUMNOS/AS)
  • IOGA (10 ALUMNOS/AS)

PARTICIPANTES: Persoas desempregadas inscritos no Servizo Público de Emprego preferentemente dos concellos de Cee, Corcubión e Dumbría nos códigos 320 (Escolas taller), 330 (Casas de Oficio), 340 (Taller de Emprego) ou 370 (Outros programas de emprego formación dual).

REQUISITOS: Dispoñer dalgunha das seguintes acreditacións: Título de Bacharelato, Certificado de Profesionalidade de nivel 3, Certificado de profesionalidade de nivel 2 na mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as probas de acceso reguladas polas administracións educativas, ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou 45 anos ou ter superado as competencias clave correspondentes.

PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO:

  • Director/a (xornada completa)
  • Docente de especialidade instrucción en IOGA (xornada completa)
  • Docente especialidade promoción turística local e información ao visitante (xornada completa)
  • Docente de ensino básico (media xornada)
  • Docente de Inglés (media xornada)
  • Administrativo/a (xornada completa)

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Concello de Cee (Tfno. 981745100 ext. 6 AEDL)
  • Concello de Corcubión  (Tfno. 981745400 AEDL)
  • Concello de Dumbría (Tfno. 981744001 AEDL)

En vindeiras datas procederáse a presentar no SEPE, oferta de selección para que o mesmo remita candidatos para a selección do alumnado e do  persoal directivo, docente e de apoio. As persoas interesadas en participar no proceso deben inscribirse na oficina de emprego de Cee.