MEMORIAS COMPARTIDAS
21 Sep 2023

MEMORIAS COMPARTIDAS

20 Oct 2023 - 20 Oct 2023
Información
-
Concello de Corcubión

“Memorias Compartidas” é un programa de coeducación no que alumnado, profesorado e persoas maiores forman parte do proceso de aprendizaxe da asignatura de Historia de España. Esta organizado pola Universidade de Carleton de Minnesota e colaboran nel o Concello de Corcubión e a Universidade Permanente de Cantabria, UNATE

“Memorias Compartidas” esta dirixido aos veciños e veciñas de Corcubión maiores de 70 anos e é por iso que lle diriximos esta carta informativa

A profesora responsable do programa, Palmar Álvarez-Blanco, establece unha colaboración entre estudantes e persoas maiores co obxetivo de complementar as aprendizaxes propias da aula coas experiencias e memorias biográficas das persoas maiores que participan do programa. Se parte da convicción de que toda memoria biográfica aporta ao coñecemento da historia.

O proxecto levarase a cabo durante 7 semanas a partires do 8 de xaneiro de 2024. A lingua na que se desenvolve será o castelá para facilitar a comunicación entre o alumnado extranxeiro e persoas maiores coeducadoras.  A participación dos maiores será tódolos venres (7 venres en total) durante 1h entre as 19 e 20h. Cada venres será un alumno/a distinto o que pasa unha hora cunha das persoas maiores en sesións individuais entre alumno/a e coeducador/a. O alumnado entrevista e fala coa persoa coeducadora nun exercicio no que a persoa maior coeducadora comparte a súa memoria biográfica para que o alumnado poda poñela en relación cos coñecementos que adquire na aula.

A participación no programa non ten custe e as prazas dispoñibles para participar como persoa maior coeducadora son sóamente 8. Recorde que para poder participar hai que ser veciño ou veciña de Corcubión, ter 70 ou máis anos e comprometerse na asistencia ao programa. Nos criterios de selección primará a orde de inscripción e a paridade entre homes e mulleres.

O prazo de inscripción remata o 20 de outubro

Os encontros dos venres realizaránse a través de videoconferencia e poden ter lugar desde a propia casa se se conta con ordenador ou tablet e conexión a internet ou, opcionalmente, na Casa da Cultura ou no Concello, no caso de non contar con ferramentas propias. O alumnado universitario esta ademais preparado para guiar á persoa maior coeducadora no uso das ferramentas técnolóxicas durante a videoconferencia. Á vez, a profesora responsable do programa desenvolverá reunións conxuntas previas ao inicio do programa e ao comezo das sesións para situar a tódalos participantes. Desde o Concello apoiaremos aos participantes de Corcubión no que sexa necesario.

Se estas interesada/o en coñecer máis detalles ou en consultar algunha dúbida podes dirixirte ao teléfono do Concello 981 74 54 00 ou acudir ás oficinas en horario de atención ao público.

https://memoriascompartidas.constellationofthecommons.org/