MELLORA DA EFICIENCIA ENERXETICA DE INSTALACIONES E EDIFICIOS MUNICIPAIS
Mediante resolución da directora xeral de Administración Local, por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e ao abeiro do disposto na Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento PR486D); DOG núm. 13, do 18 de xaneiro), concedéuselle ao Concello de Corcubión unha subvención por importe de 82.535,29 € para o proxecto denominado Melloras de eficiencia enerxética no salón de actos da casa da cultura, que ten un orzamento elixible total de 103.169,11 € (IVE incluído).