EMPREGO | CONTRATACION DUNHA PERSOA MOZA INSCRITA NO SNGX
09 Dec 2025

EMPREGO | CONTRATACION DUNHA PERSOA MOZA INSCRITA NO SNGX

09 Dec 2025 - 08 Sep 2026
Información
-
Concello de Corcubión

O Concello de Corcubión ven de realizar unha contratación dunha auxilair administrativa ao abeiro da orde reguladora de axudas do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025

CONTIA DA SUBVENCION: 16.380,09 euros.

OBXECTIVOS

O obxecto é financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro para a contratación durante nove meses de persoas mozas, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).

A finalidade é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos que lles posibiliten ás persoas participantes realizar un traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.

RESULTADOS

Coa contratación dunha auxiliar administrativa, ademáis da práctica profesional obtida pola persoa traballadora ofrécense os seguintes servizos á entidade local e á veciñanza que podemos resumir nunha mellor calidade na prestación de servizos municipais.