TEATRO | DUO VAGUEDADES
O 27 de decembro de 2024 ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Corcubión temos cita co teatro.
Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura. Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.
Este espectáculo está enmarcado no programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Máis info: https://www.artefeito.gal/2023/03/20/duo-vaguedades/